miércoles, 18 de mayo de 2016

Axudas IGAPE INVESTIMENTO EMPRESARIAL




Adjuntamos resumen de la convocatoria:


AXUDAS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL
INVESTIMENTO EMPRESARIAL (IG227 e IG228)
ENTIDADE OFERTANTE
IGAPE
CONV E BR
RESOLUCIÓN 28/12/2015 (DOG 29/12/2015, páx. 49.552); Modif RESOLUCIÓN 9/05/2016 (DOG 18/05/2016, páx. 19.208)
OBXECTO
Dinamizar a actividade económica na CCAA e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais, a través de:
 1-IG227. Investimentos EN EQUIPOS PRODUCTIVOS en maquinaria e outros bens de equipamento para ampliacións de capacidade, diversificación da produción ou cambio esencial no proceso de produción dun establecemento existente;
 2-IG228. Investimentos XERADORES DE EMPREGO en obra civil e maquinaria e outros bens de equipamento para a creación dun novo establecemento ou ampliación dun xa existente que presentan un elevado potencial de creación de emprego directo e indirecto.
BENEFICIARIOS
Sociedades mercantís con tamaño de PEMEs, que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% e con actividades nos sectores de CNAE-2009 números 08, 09, 10, 11, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 38.2, 38.3, 45.2, 45.4, 52.10, 52.24, 55.1, 55.2, 55.3, ACTIVIDADES DE TURISMO ACTIVO, 59, 60, 61, 62, 63, 71.12, 71.20, 74.10, 82.20, 82.30, 82.92.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
IG227: adquisición de:
i) Maquinaria de proceso.
ii) Instalacións específicas para a actividade subvencionable.
iii) Equipamentos e medios de transporte interior.
iv) Vehículos especiais de transporte exterior.
v) Medios de protección do ambiente asociados aos investimentos.
vi) Outros bens de equipamento, entendendo como tales aqueles bens que forman parte dos activos fixos da empresa e interveñen directamente no proceso produtivo. Non se consideran bens de equipamento produtivo as pezas de recambio nin os envases e embalaxes, aínda que sexan reutilizables.
IG228: investimentos en:
i) Obra civil: oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto.
ii) Adquisición de edificacións ou construcións novas (MÁX 10% do gasto total subvencionable).
iii) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipamentos e medios de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto. No sector de transporte non son subvencionables os medios e equipamento de transporte exterior.
iv) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.
v) Activos inmateriais (MÁX 50% do investimento subvencionable).
CONTÍA DA AXUDA
IG227: 20% PEQUENAS; 10% MEDIANAS;
IG228: 35% PEQUENAS; 25% MEDIANAS.
INVESTIMENTO MÍNIMO
IG227: de 50.000 a 900.000 €;
IG228: de 50.000 € a 2.000.000 € tendo en conta:
   -Mantemento de emprego: 150.000 a 900.000;
   -Creación neta de emprego con custes salariais durante un ano entre 150k e 900k: 50.000 a 150.000. Neste caso se subvencionará tamén o CUSTO SALARIAL para o período dun ano.
   -Actividades non atendidas pola LEY 50/1985 DE INCENTIVOS REGIONALES e comporten a creación de emprego fixo: 900.000 a 2.000.000.
PRAZOS EXECUCIÓN (XUSTIFICACIÓN)
SOLICITUDE ata 30/06/2018 (11/07/2018), aínda que:
   IG227: 6 meses dende notificación da Resolución Concesión;
   IG228: 12 meses dende notificación da Resolución Concesión.
PRAZO SOLICITUDE
30/DECEMBRO/2016 ou esgotamento crédito
ANTICIPO
Non. Poderanse solicitar pagamentos a conta, presentando garantías, unha vez xustificado o 50% do investimento.
CONCORRENCIA COMPETITIVA
Non
COMPATIBILIDADE OUTRAS AXUDAS
Si, cos seguintes límites:
   -Ata o 25% para MEDIANAS;
   -Ata o 35% para PEQUENAS.
ORZAMENTO
2016: 2.000.000 €; 2017: 5.000.000 €; 2018: 5.000.000 €







Si está interesado en solicitar estas ayudas, puedes llamar al teléfono de Serviguide +34-986443311 o contactar por correo con nosotros en la dirección innovacion@serviguide.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

""